A catalanofobia ou anticatalanismo é un sentimento de odio cara ao pobo, lingua e cultura catalás. Segundo o dicionario de lingua catalá do Institut d'Estudis Catalans, a catalanofobia é "unha aversión a Cataluña, aos cataláns ou a todo o que é catalán".[1] É o contrario do catalanismo.
Xa na Guerra del Segadors houbo unha conduta catalanofóbica, o poeta Francisco de Quevedo escribiu textos como:
Na actualidade existen grupos ultradereitistas ou españolistas, como por exemplo, España 2000, que son amplamente catalanófobos.[Cómpre referencia] Dende a aposta polo independentismo catalán do goberno de Artur Mas (CiU), o sentimento anticatalanista aumentou nas comunidades autónomas de España, especialmente nas exclusivamente castelanfalantes.[Cómpre referencia]
En Aragón, o PP e o PAR aplicaron unha nova lei na que se deixaba de chamarlle catalá á lingua catalá na Franxa de Aragón, que dende 2013 pasou a chamarse Lapao (Lingua aragonesa propia da área oriental).[3]